Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo seguinte concurso público:

* Obxecto: subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

* Orzamento do contrato:

-Partida I (lavalouzas): 193.022 ptas. (cento noventa e tres mil vintedúas pesetas).

-Partida II (limpeza xeral): 982.432 ptas. (novecentas oitenta e dúas mil catrocentas trinta e dúas pesetas).

-Partida III (hixiene téxtil): 323.000 ptas. (trescentas vintetrés mil pesetas).

-Partida IV (material de aseo): 1.506.000 ptas. (un millón cincocentas seis mil pesetas).

-Partida V (material vario de limpeza): 272.560 ptas. (duascentas setenta e dúas mil cincocentas sesenta pesetas).

-Partida VI (celulosa e material dun só uso): 1.434.197 ptas. (un millón catrocentas trinta e catro mil cento noventa e sete pesetas).

-Partida VII (bolsas de plástico): 125.471 ptas. (cento vintecinco mil catrocentas setenta e unha pesetas).

-Partida VIII (empapadores e guantes): 1.901.037 ptas. (un millón novecentas unha mil trinta e sete pesetas).

-Partida IX (varios de hixiene): 885.281 ptas. (oitocentas oitenta e cinco mil duascentas oitenta e unha pesetas).

* Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1998.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no Art. 18 da Lei 13/1995.

8. Criterios de adxudicación:

-Calidade.

-Prezo.

-Execución a plena satisfacción de servicios semellantes.

-Que a empresa teña no seu cadro de persoal un número de traballadores minusválidos non inferior ó 2% nos termos establecidos na disposición adicional 8 da Lei 13/1995.

9. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescri

cións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

11. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario das 9 ás 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

12. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

14. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 16 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

2250