Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza na Área de Servicios Sociais de Vigo.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza que se indica:

* Área de Servicios Sociais de Vigo

-Orzamento do contrato: 3.000.000 de ptas. (tres millóns de pesetas).

-Garantía provisional: 60.000 ptas (sesenta mil pesetas).

-Clasificación: non se esixe.

* Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1998.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas no servicio.

3. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

5. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no Art. 19 da Lei 13/1995.

6. Criterios de adxudicación: os expostos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en

Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse no servicio de Administración e Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

9. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario das 9 ás 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

11. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

12. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 16 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

2604