Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración de productos de alimentación, limpeza e hixiene sanitaria para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los seguintes concursos:

* Expediente 1/1998:

-Obxecto: subministración de carnes, froitas e verduras.

-Orzamento do contrato: 19.113.330 ptas. (dezanove millóns cento trece mil trescentas trinta pesetas).

* Expediente 2/1998:

-Obxecto: subministración de conxelados e pexie fresco.

-Orzamento do contrato: 18.450.000 ptas. (dezaoito millóns catrocentas cincuenta mil pesetas).

* Expediente 3/1998:

-Obxecto: subministración de pan e bolería, lácteos e derivados, iogur e varios.

-Orzamento do contrato: 23.020.000 ptas. (vintetrés millóns vinte mil pesetas).

* Expediente 4/1998:

-Obxecto: subministración de material sanitario e material de limpeza e aseo.

-Orzamento do contrato: 26.600.000 ptas. (vinteseis millóns seiscentas mil pesetas).

Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1998.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei

13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Criterios de adxudicación:

* Calidade: 6 puntos.

* Prezo: 5 puntos.

* Servicio: 4 puntos.

* Medios técnicos e humanos cos que conte a empresa: 3 puntos.

* Execución a plena satisfacción de servicios semellantes: 2 puntos.

* Que a empresa teña no seu cadro de persoal un número de traballadores minusválidos non inferior ó 2% nos térmos establecidos na disposición adicional 8 da LCAP: 1 punto.

9. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares y de prescricións técnicas poderán ser examinados na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse na propia Residencia Asistida da Terceira Idade (Monte Arieiro s/n, Bembrive) ou ben no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

11. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario das 9 ás 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

12. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

14. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 2 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

2603