Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, con expediente anticipado de gasto, a contratación da subministración da impresión da Revista da Unesco.

Esta Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, con expediente anticipado de gasto, a contratación da seguinte subministración:

Impresión da Revista da Unesco.

Orzamento de licitación: dez millóns oitocentas mil pesetas (10.800.0000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Garantía provisional: 216.000 ptas.

Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

2601