Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de gasificación de Galicia: ramal a Ferrol, addenda 1.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 2 de marzo de 1998, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do proxecto de gasificación de Galicia: ramal a Ferrol, addenda 1. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose facer acompañar dos seus peritos e un notario, se o coidan oportuno, cos gastos pola súa conta.

O levantamento terá lugar o vindeiro día 15 de abril na Casa do Concello de Pontedeume.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 13 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegada provincial da Coruña

2583