Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/332-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Serrerías Rodríguez, S.L.

Enderezo social: Corredoira, 41, 36612 Catoira.

Denominación: central de coxeración en Corredoira, 41.

Situación: Catoira.

Descricións técnicas: grupo de coxeración composto por un conxunto motoalternador de 965 kVA, xunto co equipo auxiliar de transformación de 1.000 kVA, acoplamento á rede, protección e control. Almacenamento de combustible de 60.000 litros. Equipo de recuperación da calor composto de caldeira e intercambiadores.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2521