Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de
cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Pipo IV.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 1 Vilagarcía B.
Data da concesión: 3-10-1969.
Data do remate da última prórroga: 3-10-1999.
Anteriores concesionarios: Paz Nogueira, José (35.407.361) e Gestoso Santorum, Herminia (35.420.502).
Nova titular concesión: Otero Molanes, Blanca Rafaela (35.420.293).
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 27 de febreiro de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)
2251