Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/55-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Galáns.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea, a 20 kV, de 242 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 20 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 11 da L.M.T. Vilagarcía-Cambados ata o apoio 4 da liña que se proyecta aérea, continuando en subterránea ata o C.T. que se proxecta en Galáns, concello de Vilagarcía

de Arousa. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aerosubterránea, de 190 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 30 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2312