Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/227-1).

Visto o expediente para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Pieiro.

Situación: municipio de Ferrol (A Coruña).

Características técnicas: liña eléctrica aérea a 20 kV de 8 m de lonxitude, con conductor LA-56, orixe na liña de media tensión Confurco-Pena Roibás-Batería, centro de transformación tipo intemperie de 100 kVA e rede de baixa tensión de 375 m conductor R.Z., e apoios de formigón, no lugar de Pieiro, no municipio de Ferrol (A Coruña).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra estas resolucións poderase interpoñer recurso ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, segundo o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 2 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2344