Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 186/1997 e outro).

Outorgadas as declaracións de utilidade pública por resolucións desta delegación de datas 3 e 5 de febreiro de 1998, que levan implícita a urxente ocupación de conformidade co artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, para execución das instalacións eléctricas que máis abaixo se describen, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56

do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, faise saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen nas relacións anexas, que o representante e o perito da Administración se constituirán o día 14 de abril de 1998 nos predios para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas das casas dos concellos as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e os dereitos afectados por expropiación ou servidumes, a partir das horas que seguen:

Expediente 186/1997.-Liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña Carral-Cesuras e centro de transformación no lugar de Fondo de Leiro, no termo municipal de Abegondo.

A partir das 11 horas predio número 3.

Expediente 187/1997.-Liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña Carral-Cesuras e centro de transformación no lugar de Raíña, no termo municipal de Abegondo.

A partir das 11.30 horas predios números 1, 2 e 4.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen, e se así o coidan cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións no mesmo e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os efectos de emendar posibles erros das relacións.

A Coruña, 3 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 186/1997Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T. e R.B.T. Fondo de LeiroTermo municipal: Abegondo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3O RegueiroPradoAntonio Barallobre UlloaAndrade, Os Castros, 90, 15614 PontedeumeC.T.623368

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 187/1997Provincia: A Coruña

Liña media tensión ó C.T. RaíñaTermo municipal: Abegondo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O CastroLabradíoEstrella Martis SeoaneMabegondo, O Penedo, 26, 15318 Abegondo1, 2 e 351021020

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2O CastroLabradíoAntonio Rey BarbeitoMabegondo, O Castro, 15318 AbegondoLat.336

Cesáreo Miramontes LouredaFaro, 36, 15002 A Coruña

4O CastroMonte altoEstrella Martis SeoaneMabegondo, O Penedo, 26, 15318 Abegondo3 e C.T.756560

2304