Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/2-2, 4879 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: anexo a proxecto de L.M.T. Ferreira-Adelán e derivacións.

Situación: O Valadouro.

Descricións técnicas: L.M.T., a 20 kV de 424 m en conductor LA-56 sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 23 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2096