Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/173-2, 4873 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Carballido (Vilalba).

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: liñas de M.T. con lonxitude total de 1.770 m a 20 kV en conductor LA-56 sobre apoios de formigón e torres metálicas. Catro C.T. de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Un C.T. de 100 kVA relación 20.000/380-220 V. Liñas de B.T. en conductores R.Z.-95 e R.Z.-50.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 27 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

2308