Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/251-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Camos-Pazo.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 464 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio que se vai colocar, en substitución do apoio 43 da L.M.T. ó C.T. Chandebrito, rematando no C.T. que se proxecta en Camos-Pazo, concello de Nigrán. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Eugenio Brito Figueroa en data 4-11-1997 presenta alegacións polas que solicita cambio no trazado da liña para unha menor afección do seu predio.

Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. esta contesta en data 30-12-1997 indicando que a modificación solicitada significa modifica-la afección doutros predios, sen que o alegante acompañase conformidade dos propietarios.

Considerando que non se dan as condicións que establece o artigo 26 limitacións do Decreto 2619/1966, en canto a que o trazado alternativo non pasa por terreos de dominio, uso ou servicio público, nin tampouco en canto á lonxitude do tramo e custo del, e que o alegante non presenta a conformidade dos propietarios dos predios afectados pola modificación.

Vista a Lei 40/1994, os decretos 2617 e 2619/1996 e cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 1617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e os artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados estable

cidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 16 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

2098