Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa).

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa), que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 23-2-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, o día 27-1-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de marzo de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta de acordo da comisión paritaria

do convenio colectivo da empresa

Financiera Maderera, S.A. (Finsa)

Ás 11.30 horas do día 27 de xaneiro de 1998, nos locais de Financiera Maderera, S.A., en Santiago de Compostela, reúnense as persoas relacionadas a seguir, integrantes da comisión paritaria do convenio de empresa de Financiera Maderera, S.A. (Finsa), para os seus centros de traballo de Pontecesures e Santiago de Compostela, co obxecto de acadar un acordo sobre aplicación do incremento económico para o ano 1998, de acordo co establecido no convenio da empresa, que con vixencia ata o 31 de decembro de 1998 foi subscrito por ámbalas partes con data do 19-7-1996.

Parte social:

-Por UGT:

Álvaro Gabino Lois Fernández, DNI nº 33.239.000.

Manuel García Pereira, DNI nº 33.227.507.

José A. Carles Ares, DNI nº 33.235.809.

-Por CC.OO.:

Antonio Botana Iglesias, DNI nº 33.235.150.

Parte empresarial:

Ángel Ramos García, DNI nº 13.674.362.

Manuel Mera Franqueiro, DNI nº 33.222.779.

Sara García Valiño, DNI nº 33.279.405.

Ramón Vázquez Lista, DNI nº 32.753.769.

Tralas consideracións que se xulgaron oportunas formuladas por cada unha das partes, a comisión paritaria do convenio adopta, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro.-No ano 1997 aplicouse un incremento económico do 3,75%, cun crecemento garantido do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) do ano 1997 incrementado nun 0,25%.

Como queira que o IPC acumulado de xaneiro a decembro non acada a cifra establecida do 3,5% a partir da cal operaría a cláusula de salvagarda, non procede a regularización do incremento salarial correspondente a 1997.

Segundo.-Para 1998 terceiro ano de vixencia do convenio, estableceuse un incremento económico igual ó Índice de Prezos ó Consumo real do ano 1998, con aplicación inicial do IPC previsto polo Ministerio de Economía e Facenda para o ano 1998.

De conformidade con esta previsión, procede un incremento salarial para o ano 1998 do 2,1% sen prexuízo de que opere a cláusula de regularización se a inflación acumulada do ano 1998 supera esa cifra do 2,1%, suposto no que o incremento eco

nómico se axustaría ata o valor real de inflación.

Así mesmo, comezará a achega obrigatoria da empresa ó plan de xubilación establecida no 1% do importe do salario base e complemento ad personam, de conformidade co disposto no artigo 72 do convenio.

Terceiro.-O presente acordo de incremento económico dos conceptos salariais tomará efectos desde o 1 de xaneiro de 1998 e será de aplicación na nómina de xaneiro.

Cuarto.-As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias son os recollidos nos anexos I e II que se xuntan á presente acta, unha vez aplicado o incremento do 2,1% así como a compensación por antigüidade de 18.192 pesetas, que xa figura incluída na contía dos salarios base de tódalas categorías.

O incremento do 2,1% aplicaráselles igualmente ós complementos ad personam.

Quinto.-Os valores do plus de locomoción son os que figuran no anexo III que manteñen os valores do ano 1996.

De conformidade co disposto no convenio colectivo, os incrementos correspondentes a este concepto económico serán destinados como contribución obrigatoria do traballador ó plan de xubilación que se constituirá na presente anualidade.

A cantidade de incremento do plus de locomoción correspondente ó ano 1998 será de 762 pesetas mensuais.

Esta cantidade resulta da actualización ó 2,1 do valor do plus de locomoción do ano 1997, sendo o novo valor de plus para este ano de 9.224 pesetas. Este valor é unha media do plus de locomoción, con valor igual para tódalas categorías na empresa, establecido para efectos de determina-la contribución obrigatoria dos traballadores ó plan.

Sexto.-A bolsa de vacacións prevista no artigo 19 do convenio fíxase en 17.390 pesetas.

Así mesmo, e de conformidade co establecido no artigo 32 do convenio, a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución quedando establecida no valor de 3.790 pesetas mensuais.

O importe da compensación pola supresión da antigüidade, establecido en 18.192 pesetas ano, foi incluído no valor dos salarios base das distintas categorías.

O plus de xornada considerado no artigo 34, por mes efectivamente traballado ascende ás seguintes contías:

-Plus de tres quendas: 12.495 pesetas.

-Plus de catro quendas: 28.406 pesetas.

-Plus de dúas quendas e xornada partida: 9.889 pesetas.

En concepto de quebranto de moeda os pagadores percibirán a cantidade mensual de 4.302 pesetas.

A mellora social prevista no artigo 44 do convenio fíxase en 500 pesetas.

A compensación transporte considerado no artigo 46, para o persoal de Cesures establécese en 2.322 pesetas.

Sétimo.-O importe do plus de especialidade de mantemento, unha vez aplicado o incremento de convenio, terá os seguintes valores:

Oficial 1ª e 2ª: 30.000 pesetas.

Oficial 3ª: 20.000 pesetas.

Oitavo.-De conformidade co artigo 18 do convenio, para o persoal a xornada partida, dúas e tres quendas, os festivos oficiais que cadren en sábado serán trasladados a unha data que terán que determinar entre a dirección da empresa e o comité de empresa de cada centro de traballo.

No ano 1998 coincide en sábado o festivo do 25 de xullo, que será compensado nos centros de Cesures e Santiago de Compostela.

Así mesmo, compensarase o 15 de agosto a tódolos traballadores que non estean a desfruta-las vacacións regulamentarias nesa data.

Noveno.-Delegar en Ángel Ramos García para que presente esta acta e os seus anexos na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que por esta se lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó SMAC e a publicación no BOP.

E en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

ANEXO I

Táboas salariais desde o 1-1-1998 ó 31-12-1998

Con compensación antigüidade

Categorías

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

-Persoal fabricación
Peón98.5803.2421.426.480
Peón especialista99.3893.2681.437.920
Capataz de peóns101.4383.3361.467.840
Axudante101.4383.3361.467.840
Oficial segunda104.7533.4451.515.800
Oficial primeira111.8723.6801.619.200
Xefe de equipo132.6454.3631.923.353
Xefe de quenda135.9444.4691.971.188
Encargado de sección139.2344.5792.018.893

-Persoal mantemento
Aprendiz76.3022.5101.104.400
Oficial de terceira106.8633.5141.546.160
Oficial de segunda115.2753.7891.667.160
Oficial de primeira126.2304.1521.830.335
Xefe de equipo145.7184.7942.112.911
Xefe de taller185.7636.1062.693.564
Xefe de mantemento206.0496.7752.987.711

Categorías

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

-Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.101.3273.3301.465.200
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo105.9373.4831.532.520
Conductor mecánico112.4843.6991.631.018

-Persoal administrativo
Aspirante89.6752.9481.300.288
Auxil/Telefon./Mecang.101.2233.3301.467.734
Oficial de segunda118.7663.9031.722.107
Oficial de primeira131.2894.3171.903.691
Xefe146.8664.8272.129.557
Xefe administrativo179.1125.8882.597.124

-Persoal técnico
Analista101.3283.3311.465.640
Delineante118.6903.9021.721.005
ATS118.6903.9021.721.005
Perito134.0744.4081.944.073
Técnico proxectista136.5584.4861.980.091
Licenciado/enxeñeiro179.1125.8882.597.124

ANEXO II

Táboas horas extras 1998

Categorías

Hora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

-Persoal fabricación
Peón7701.3491.544
Peón especialista7841.3651.550
Capataz de peóns7881.3801.581
Axudante7881.3801.581
Oficial segunda8261.4451.647
Oficial primeira8791.5421.763
Xefe de equipo1.0211.7882.041
Xefe de quenda1.0471.8312.093
Encargado de sección1.0731.8772.142

-Persoal mantemento
Aprendiz5801.0071.153
Oficial de terceira8271.4471.654
Oficial de segunda8931.5621.790
Oficial de primeira9861.7291.976
Xefe de equipo1.1512.0102.298
Xefe de taller1.4462.5312.894
Xefe de mantemento1.6362.8603.266

-Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.7871.3781.576
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo8341.4591.668
Conductor mecánico9051.5811.807

-Persoal administrativo
Aspirante6791.1881.359
Auxil/Telefon./Mecang.7701.3461.641
Oficial de segunda9121.5911.820
Oficial de primeira1.0141.7712.028
Xefe1.1331.9872.276
Xefe administrativo1.3882.4282.778

-Persoal técnico
Analista7681.3431.533
Delineante9121.5911.820
ATS000
Perito1.0271.8002.059
Técnico proxectista1.0511.8422.105
Licenciado enxeñeiro1.3882.4282.778

ANEXO III

Plus de locomoción 1998

Categorías

Xornada

partida

Dúas

quendas

Tres

quendas

Catro

quendas

-Persoal fabricación
Peón6.8088.8969.1669.523
Peón especialista6.8088.9129.1849.541
Capataz de peóns6.8298.9769.2569.614
Axudante6.8298.9769.2569.614
Oficial segunda6.8519.0809.3689.726
Oficial primeira6.8589.2079.4929.849
Xefe de equipo6.9899.78710.10710.456
Xefe de quenda6.9919.85010.17410.531
Encargado de sección6.9939.91510.23310.588

-Persoal mantemento
Aprendiz6.6758.3068.5458.902
Oficial de terceira6.8519.1119.3929.776
Oficial de segunda6.8909.3279.6279.983
Oficial de primeira6.9559.6199.93310.291
Xefe de equipo7.03310.08810.42110.777
Xefe de taller7.24111.11811.50511.861
Xefe de mantemento7.36011.65612.07512.432

-Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.6.8218.9649.2359.590
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/almaceneiro/chofer turismo6.8329.0749.3569.713
Conductor mecánico6.8779.2609.5589.915

-Persoal administrativo
Aspirante6.729000
Auxil/Telefon./Mecang.6.818000
Oficial de segunda6.901000
Oficial de primeira6.962000
Xefe7.048000
Xefe administrativo7.235000

-Persoal técnico
Analista6.822000
Delineante6.901000
Perito6.979000
Técnico proxectista6.980000
Licenciado enxeñeiro7.235000

Quen estea a percibir un plus de locomoción superior ó que, para a súa categoría, aparece nesta táboa, verá incrementado o exceso sobre a dita táboa nun 2,1%.

2110