Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 1998 Páx. 3.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Sra. del Carmen, de Sarria.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Sra. del Carmen (código 2700762), de Sarria, provincia de Lugo, asinado o día 16 de febreiro de 1998, pola representación da dita empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión do convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto da mentada revisión do convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 26 de febreiro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

-Pola empresa:

Martín Balboa Fdez. (34.143.277).

Victoria López Díaz (34.252.373).

Rosa Merino Conde (10.537.186).

-Pola parte social:

Amalia Toirán Armesto (76.613.675), representante sindical de CC.OO. (100%).

Luis Antuña Requejo (11.053.202), asesor de CC.OO.

Manuel Fdez. Vicente (34.248.267), asesor de CC.OO.

En Sarria, sendo as 16.30 horas do día 16 de febreiro de 1998, xúntanse nos locais da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria as persoas arriba relacionadas, integrantes todas elas da mesa de negociación para a revisión salarial do presente ano que se recolle no artigo 2 do vixente convenio colectivo para o persoal da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria, e des

pois de amplas deliberacións adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Aplicar unha suba salarial, sobre tódolos conceptos retributivos do persoal, na contía do 3,1% co cal as táboas salariais para o ano 1998 do convenio colectivo para o persoal da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria son as que se sinalan na folla anexa á presente acta.

Segundo.-Acórdase, finalmente, remitirlle a presente acta e táboas salariais para 1998 á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 17.30 horas da data sinalada ó comezo.

Táboas salariais para o ano 1998

Categorías

Salario

base

Plus

asistencia

Plus de

Dom. festivos

Auxiliar de clínica92.79010.9905.603
Cociñeira92.79010.9905.603
Axudante de cociña87.12010.9905.603
Camareira-limpadora87.12010.9905.603
Oficios varios87.12010.9905.603

2108