Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Cabalar, S.L.
Enderezo social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.
Denominación: L.M.T. e C.T. de 100 kVA en Reguela.
Situación: Cabanas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 768 m e lonxitude en conductor LA-30, que parte do último apoio da L.M.T. Calzados-Barreiro e final no C.T. Reguela, tipo aéreo que se vai construir de 100 kVA a 15/20 kV-B2. Concello de Canañas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 18 de febreiro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
2092