Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º oficina 2, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Barrio de Devesa-edificio protección oficial.
Situación: concello de Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 208 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Salceda-P, na rúa Trinta e Nove, ata o C.T. que se proxecta no Barrio de Devesa, no edificio de protección oficial, concello de Salceda de Caselas. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/400 V. R.B.T., subterránea, de 165 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de febreiro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
2227