Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/39-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Cabalar, S.L.

Enderezo social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.

Denominación: L.M.T. a 15/20 kV e reforma caseta de Belelle.

Situación: Fene.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 510 m, que parte da L.M.T. a C.T. Reguela e final

no C.T. Belelle en LA-30, reforma da caseta para a tensión de 15/20 kV e transformador de 100 kVA. Concello de Fene.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 16 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

1745