Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/325-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860, Ponteareas.

Denominación: reforma L.M.T. Canedo-Ascensión.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., a 20 kV, doble circuíto, de 1.982 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde a L.M.T. subestación-Vilasobroso, rematando no centro de distribución de Ascensión, Concello de Ponteareas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

1866