Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 1998 Páx. 3.000

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998 pola que se lle concede a Medalla de Galicia na súa categoría de prata ó buque auxiliar da Armada Británica RFA Argus.

En atención ós méritos que concorren no buque auxiliar da Armada Británica RFA Argus, con motivo do salvamento da tripulación do buque Delfín del Mediterraneo o pasado día 2 de febreiro, e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 6 de xuño, en virtude das competencias que me confire o referido decreto,

RESOLVÍN:

Concederlle a Medalla de Galicia na súa categoría de prata ó buque auxiliar da Armada Británica RFA Argus.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1998.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

2478