Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1998 pola que se anuncia a contratación das obras de construcción de pavillón polideportivo no Colexio de Mondego, 2ª fase.

En cumprimento do acordo adoptado pola comisión de goberno de data 16, anunciase a contratación das obras de construcción dun pavillón polideportivo no Colexio Mondego 2ª fase, por procedemento aberto e concurso e trámite de urxencia.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso polo procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para adxudicar-las obras de construcción de pavillón polideportivo no Colexio de Mondego 2ª fase, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato as obras de construcción de pavillón polideportivo no Colexio de Mondego 2ª fase.

2. Duración do contrato: tres meses.

3. Tipo de licitación: 17.840.000 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase con cargo á partida 422.52.60109 do vixente orzamento municipal.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no BOP, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

7. Garantía provisional: o 2% do orzamento de licitación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: é o recollido no anexo II do prego de condicións.

sada, 17 de marzo de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

2537