Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 27 de febreiro de 1998, aprobou definitivamente o estudio de detalle relativo á ordenación da parcela sita na prolon

gación da avenida de Compostela, promivido por Urbanizadora O Monte, S.L., conforme o acordo que, transcrito literalmente di:

«Aprobado inicialmente o proxecto de estudio de detalle promovido por Urbanizadora O Monte, S.L., por resolución da alcaldía do 15 de de setembro de 1997 considerando que, sometido a información pública polo prazo de 1 mes mediante anuncios publicados no DOG número 226, do 21 de novembro de 1997, no xornal El Correo Gallego e notificados os interesados, non se formularon alegacións, a Corporación, por mairia absoluta, acorda:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Urbanizadora O Monte, S.L., nos mesmos termos da súa parobación inicial.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no DOG, no BOP e notificárllelo ós propietarios e demais interesados directamente afectados».

Contra o citado acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á data de publicación do presente anuncio no DOG, logo de comunicación a esta Administración pública.

Oroso, 2 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado

2541