Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-303).

Por resolución número 582/1998, con data do 2 de febreiro do 1998, acordouse aprobar inicialmente a delimitación e determinación do sistema de compensación, como o de actuación, no plan especial de reforma interior número 7 (PERI-7), en Perillo. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, prazo no que poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 17 de febreiro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa presidenta

1960