Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía (expediente 26/1998) neste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño), convoca o seguinte concurso:

Expte. 26/1998:

1.- Obxecto: instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía no Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

2.- Prazo de execución: 10 anos contados a partir da data de formalización do contrato, podendo prorrogarse antes da súa finalización ou de calquera

das suas prórrogas, por períodos máximos de 5 anos, por mutuo acordo das partes.

3.- Garantía provisional: 100.000 ptas.

4.- Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

5.- Clasificación: non se esixe.

6.- Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio. BOE nº 119 do 19 de maio).

7.- Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

8.- Criterios de adxudicación:

1. Canon ofertado: ata 3 puntos.

2. Tarifas: ata 3 puntos.

3. Características funcionais, técnicas, económicas, de cualidade e prestacións das instalacións ofertadas para o servicio e o sistema de telefonía e televisión (nº de teléfonos, equipos, complexidade da instalación, calidade de materiais, etc.): ata 3 puntos.

4. Capacidade e facilidade de establecemento de chamadas directas entrantes ós teléfonos: ata 3 puntos.

5. Organización e funcionamento do servicio de telefonía e televisión. Condicións de seguridade e cualidade na prestación do servicio: ata 2 puntos.

6. Recursos humanos que se destinarán ó servicio: ata 2 puntos.

7. Prazo de execución das instalacións: ata 2 puntos.

8. Experiencia en instalacións e servicios similares: ata 1 punto.

9. Facilidade de uso e fiabilidade do sistema de cobramento do servicio ós usuarios: ata 1 punto.

10. Prestacións e servicios adicionais ofertados: ata 1 punto.

11. Integración e mellora global dos servicios de comunicacións, telefonía e conexos: ata 3 puntos.

9.- Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22 - 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: (986) 81 60 23. Fax: (986) 81 60 65.

10.- Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución

no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

11.- Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

12.- Apertura de proposicions: a apertura das proposicions admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do decimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

13.- Anuncios: os anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 4 de marzo de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

1998