Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso para a subministración de materiais, equipos e instalacións para as obras de reforma e acondicionamento da piscina municipal descuberta.

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Concello de Verín. B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. C) Número de expediente: 11/1998.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: a subministración dos materiais, equipos e instalacións descritos no apartado C) da memoria dos sercios técnicos municpais que inclúe a súa colocación e dirección técnica e a dos materiais descritos no apartado D) da dita memoria.

B) Lugar de execución: Concello de Verín.

C) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente. B) Procedemento: aberto. C) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.746.503 ptas.

5. Garantías.

Provisional:114.930 ptas.

Definitiva:229.860 ptas, e mailo 4% sobre o importe das melloras ofertadas, valoradas e aceptadas no concurso.

6. Obtención de documentación e información.

A) Entidade: Concello de Verín. B) Domicilio: praza do Concello. C) Localidade e código postal: Verín, 32600. D) Teléfono: 41 03 34. E) Fax: 41 19 00. F) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (de coincidir con domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natrual non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se esixen.

8. Presentación das proposicións:

A) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natual (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (de coincidir con domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo) ás 14 horas.

B) Documentación que integrará as ofertas: a indicada na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

C) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6.

D) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o asinamento do constrato.

E) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

A) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

B) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

A) Criterios de valoración: os sinalados polas bases da contratación.

B) Aprobación expediente de contratación: decreto da alcaldía do 9-3-1998.

C) Consulta documentación: dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 9 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado

2551