Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 1998 Páx. 2.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 342 que afecta ó monte de Torea, do lugar de Torea, parroquia de Vilacova (concello de Lousame).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 28 de novembro de 1997, adoptou o seguinte acordo:

«Reunido na data do 28 de novembro de 1997 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente, Ángel Barrallo Sánchez; maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña; dos vocais Andrés López-Suevos Fernández, xefe do Servicio de Montes e I.F.; Alfonso Vázquez-Castro Garma, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta; Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña; José Manuel Caramés Franco, representante das comunidades veciñais de montes en man común, e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo:

Expediente: 342

Monte: de Torea.

Lugar: Torea.

Parroquia: Torea.

Concello: Muros.

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Diversos veciños do lugar de Torea, parroquia de Torea, concello de Muros, solicitaron con data do 26-9-1996 deste xurado a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 78 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Calvo e outros, nº 110 do CUP.

Norte: monte de Cornes, subindo polo regato de Outeiriños Negros, seguindo por Campiños Longos a Campo de Pao. Leste: propiedades particulares dos veciños de Torea. Sur: monte do lugar de Figueiroa. Oeste: monte San Mamede, no municipio de Carnota, pola estrada de Ponte do Porco a Muros.

Segundo.-Á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión do 9-12-1996, acordou inicia-lo opor

tuno expediente nomeándose como Instructor del a Alfonso Vázquez-Castro Garma, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, expedíndose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Muros, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde-presidente do Concello de Muros, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia (nº 79 de 25-4-1997), e taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-Os veciños de Torea fundamentan a súa petición perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común na orixe foral do monte, así como no seu aproveitamento desde tempos inmemoriais de forma consuetudinaria, en réxime de comunidade e sen asignación de cotas, segundo os usos e costumes. Presentan acta ante notario na que os maiores do lugar manifiestan tal condición.

Sobre tal petición foi emitido informe favorable polo acordo do Pleno do Concello de Muros con data do 5-9-1996.

Cuarto.-Na tramitación das presentes actuacións cumpríronse as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables ó caso.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo.-De conformidade co contido do Art. 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños de Torea, parroquia de Torea, concello de Muros, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

Terceiro.-Para a súa cualificación como veciñal en man común, o monte debe reuni-las seguintes características: 1. Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2. Que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3. Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do regulamento do 4 de setembro de 1992).

Cuarto.-Das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no punto anterior, dedúcese que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á comunidade veciñal do lugar de Torea, parroquia de Torea, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

ACORDA:

Calificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal do lugar de Torea, parroquia de Torea, concello de Muros, o denominado monte De Torea, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro antecedente. Asímesmo, acórdase excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña».

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 28 de novembro de 1997.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

2068