Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 27000 Lugo.
Denominación: L.M.T., Subt. e C.T. en chalés pegados do Paraíso.
Situación: Viveiro.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea 20 kV, con cable D.H.Z.1 12/29 kV. de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 430 metros. Centro de transformación de 400 kVA. 20.000/400-231+-2,5%+-5% V, para subministración eléctrica a chalés pegados do Paraíso en Viveiro.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 20 de febreiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1834