Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/106-2, 4797 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. e C.T. vivendas sociais en Celeiro, rúa Lavandeira.

Situación: Viveiro.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 152 metros e cable D.H.Z.1 12/20 kV de 1x150 mm Al, centro de transformación de 400 kVA. 20.000/420-242+-2,5%+5%+10% V, para subministración eléctrica a vivendas sociais en Celeiro, rúa Lavandeira, concello de Viveiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 20 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1831