Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/104-2, 4793 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. estación elevadora de augas.

Situación: Vilalba.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 803 metros, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 100 kVA. 20.000/380-220 V sobre torre metálica, para dotar de subinistración eléctrica a estación elevadora de augas en Vilalba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 20 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1832