Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalacións eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Lugo, 27000 Lugo.
Denominación: L.M.T., Subt. e C.T. en San Miguel de Reinante.
Situación: Barreiros.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable D.H.Z.1 12/20 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 270 metros. Centro de transformación de 630 kVA. 20.000/420-242+-2,5%+5%-10% V, para mellora do servicio eléctrico en San Miguel de Reinante, concello de Barreiros.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 20 de febreiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1830