Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Roupeiro, no concello do Porriño, da provincia de Pontevedra, por parte de David Fernández Grande, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que David Fernández Grande, S.A., con domicilio na r/ Colón, 2, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 27 de xaneiro de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Roupeiro, de 4 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), que se sitúa no termo municipal do Porriño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2777, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 35' 40''42º 09' 40''

Vértice 28º 35' 00''42º 09' 40''

Vértice 38º 35' 00''42º 09' 00''

Vértice 48º 35' 40''42º 09' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial. Pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 19 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

1833