Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de declaración de utilidade pública e necesidade implícita de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/348-4).

Visto o expediente para outorgamento da declaración de utilidade pública e necesidade implícita de urxente ocupación das instalacións eléctricas que a continuacións e detallan e que foron autorizadas administrativamente con data do 15-1-1997.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo: Avda. García Barbón, 38. 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Lourenzo II.

Situación: Moaña.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 683 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 46 da L.M.T. Cangas-Ratóns rematando no C.T. que se proxecta en San Lourenzo II, concello de Moaña. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Pablo González Blanco, Carmen Moreira González e Manuel González Bragado, este último en nome doutros veciños da zona con data do 24-10-1997 os dous primeiros e 27-10-1997 o terceiro, presentan alegacións nas que indican que o trazado da liña pode ir por monte comunal, por onde ía a antiga

liña de baixa tensión ou face-la conducción subterránea.

Trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a dita compañía indica que despois de varias conversas non se conseguiu acordo con ningunha das partes e que a traza proxectada é a máis idónea sen afecta-lo arboredo e sen producir impacto medio-ambiental.

Considerando que aínda que se menciona a posibilidade de que a liña transcorra por monte comunal non se xustifica que se dean as condicións que establece o artigo 26 limitacións do Decreto 2619/1966, en canto á lonxitude do tramo e custo del e, por outra banda, a servidume que impón unha liña de alta tensión é diferente á correspondente a unha de baixa tensión, polo que os actuais propietarios poderán negarse á dita posibilidade ó ver afectados en maior medida os seus dereitos de propiedade.

Vista a Lei 40/1994, os decretos 2617 e 2619/1966 e cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e os artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, esta delegación provincial, resolve:

Declara-la utilidade publica e necesidade implícita da urxente ocupación das devanditas instalacións nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados estable

cidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 12 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

1852