Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: non consta, 27000 Lugo.
Denominación: L.M.T. aérea ó C.T. apicultura.
Situación: Lugo.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-110 de 116,6 mm Al, cunha lonxitude de 786 metros, sobre apoios de for
migón e torres metálicas, para mellora do servicio eléctrico na zona.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 20 de febreiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1953