Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998 pola que se designan vocais da comisión de selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 9 de xaneiro de 1998.

O artigo 6º do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6-10-1996), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúa a selección dos aspirantes a participar nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un profesor das Universidades de Galicia e por un funcionario que estea en posesión do diploma de directivo. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desinar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 9 de xaneiro de 1998, do director da Escola Galega de Administración Pública as seguintes persoas:

-José Vilas Nogueira, profesor da facultade de Ciencias Políticas e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela.

-José Ramón Pardo Cabarcos, secretario xeral da EGAP.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

2484