Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998 pola que se nomea profesor-director dos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 9 de xaneiro de 1998.

O Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6-10-1996), regula o diploma de directivo, establecendo que, para ocupa-los postos de traballo de libre designación que así se determinen nas relacións de postos de traballo, será requisito necesario estar en posesión do diploma de directivo ou doutros diplomas que habiliten para o posto do que se trate.

Segundo dispón o artigo 7º do citado decreto, a Escola Galega de Administración Pública desinará un profesor-director dos cursos.

Convocados, por Resolución do 9 de xaneiro de 1998, cinco cursos para a obtención do diploma de directivo,

RESOLVO:

Nomear profesor-director dos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados

mediante Resolución do 9 de xaneiro de 1998, do director da Escola Galega de Administración Pública, a Koldo Echebarría Ariznabarreta, profesor de xestión pública e director de anteriores cursos para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

2483