Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 1998 Páx. 2.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998 pola que se designa secretario da comisión de selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 9 de xaneiro de 1998.

O artigo 6º do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) e 319/1996, do 26

de xullo (DOG nº 153, do 6-10-1996), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona ós aspirantes a participar nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un secretario, que haberá de ser un funcionario destinado na Escola Galega de Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Manuel Braña Gutiérrez como secretario da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 9 de xaneiro de 1998, do director da Escola Galega de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

2473