Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo, pola que se anuncia o concurso público de subministración sucesiva para a adquisición de próteses de oftalmoloxía, traumatoloxía e cardioloxía.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 22 de maio de 1996, convoca o seguinte concurso público 5/98 para a adquisición de próteses de cardioloxía, traumatoloxía e oftalmoloxía.

1.- Nome e enderezo do servicio: Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo. Unidade de Contratación Administrativa. Pizarro, 2, 36204, Vigo. Teléfono: (986) 81 60 23. Fax: (986) 81 60 65.

2.- Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.- a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar:

-Próteses de oftalmoloxía, traumatoloxía e cardioloxía.

Orzamento total: cento cincuenta e un millóns setecentas noventa e unha mil pesetas (151.791.000 ptas.).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto das subministracións requeridas: ver prego de cláusulas administrativas.

4.- Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de cláusulas administrativas.

5.- a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 20 de abril de 1998.

6.- a) Data límite de recepción das ofertas: 27 de abril de 1998.

b) Enderezo ó que se deben dirixir: ver punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.

7.- a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 8.30 horas, na sala de xuntas do Hospital Xeral de Vigo, o 8 de maio de 1998.

8.- Fianzas e garantías esixidas:

-Provisional 2% do orzamento de cada un dos lotes ós que se licite.

-Definitiva 4% do importe de licitación.

9.- Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10.- Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11.- Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12.- Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante toda a execución do contrato.

13.- Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.

14.- Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas.

15.- Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 5 de marzo de 1998.

16.- Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Vigo, 17 de febreiro de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo

2076