Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 3CCP/98, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de equipos de administración de fluídos (tramitación segundo o artigo 173-1A da LCAP).

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde de 22-5-1996 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de equipos de administración de fluídos.

1.- Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3-4º andar. Teléfono: (981) 18 56 00. Fax: (981) 18 56 78.

2.- Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.- a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse nos lugares de almacenamento que lles indique cada hospital ós adxudicatarios.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: equipos de administración de fluídos (ver prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: sesenta e catro millóns catrocentas setenta e oito mil cento setenta e oito pesetas (64.478.178 ptas.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.

4.- Prazo de entrega eventualmente imposto: as entregas faranse a demanda de cada centro hospitalario.

5.- a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 20 de abril de 1998.

6.- a) Data límite da recepción das ofertas: 27 de abril de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.- a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: a partir das 10 horas no enderezo que se sinale no punto 1, o día 8 de maio de 1998.

8.- Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.

9.- Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10.- Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores.

11.- Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.

12.- Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13.- Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares, e prego de prescricións técnicas.

14.- Variantes: non se admiten.

15.- Información adicional: ve-lo punto 1.

16.- Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou.

17.- Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais da Comunidades Europeas: 5 de marzo de 1998.

18.- Data de recepción do anuncio: 5 de marzo de 1998.

A Coruña, 17 de febreiro de 1998.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

2087