Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1CCP/98, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de guantes (tramitación segundo o artigo 173-1A da LCAP).

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 22-5-1996 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de guantes.

1.- Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3-4º andar. Teléfono: (981) 18 56 00. Fax: (981) 18 56 78.

2.- Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.- a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse nos lugares de almacenamento que lles indique cada hospital ós adxudicatarios.

b)Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: guantes (ver prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: sesenta e un millóns oitocentas trinta e unha mil duascentas pesetas (61.831.200 pts.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.

4.- Prazo de entrega eventualmente imposto: as entregas faranse á demanda de cada centro hospitalario.

5.- a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 20 de abril de 1998.

6.- a) Data límite da recepción das ofertas: 27 de abril de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7.- a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: a partir das 10 horas no enderezo que se sinale no punto 1, o día 8 de maio de 1998.

8.- Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.

9.- Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10.- Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de provedores:

11.- Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.

12.- Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13.- Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares, e prego de prescricións técnicas.

14.- Variantes: non se admiten.

15.- Información adicional: ve-lo punto 1.

16.- Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou.

17.- Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais da Comunidades Europeas: 5 de marzo de 1998.

18.- Data de recepción do anunico: 5 de marzo de 1998.

A Coruña, 19 de febreiro de 1998.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

2017