Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 6 de marzo de 1998 pola que se exclúen do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da Provincia de Lugo, os montes Veiga Candaosa e Gallat e Rodil, pertencentes ás parroquias de Santa María Magdalena de Fonfría e Santa María de Trobo do concello da Fonsagrada (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e o Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da Provincia de Lugo, por non reunir xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello da Fonsagrada, os montes Veiga Candaosa e Gallat e Rodil pertencentes ás parroquias de Santa María Magdalena de Fonfría e Santa María de Trobo que figuraban no CUP cos números 29 e 23 respectivamente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela só cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1998.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

2178