Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 1998 Páx. 2.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo, subscrito pola comisión paritaria do convenio o 28 de xaneiro de 1998, de conformidade co disposto

no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 20 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

En Sobradelo de Valdeorras o vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, reunida a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo 1997-98, composta, pola parte social, polas seguintes persoas:

-En representación de CC.OO:

Ángel León Prieto

Manuel Ojea Prada

José Rodríguez Fernández

-En representación de UGT:

Feliciano Blanco Diéguez

Jaime Ferreiro Bao

-En representación do grupo de traballadores:

José Luis Enríquez García

Asisten tamén, con voz pero sen voto, representantes da CIG.

-Pola parte empresarial, en representación da Asociación Gallega de Pizarristas:

Jesús Vidal Corcoba

Rogelio López Rodríguez

Manuel Fernández Blanco

Santiago Vázquez León

Herminio Blanco Remesal

Vicente Aguado Castaño

O obxecto da reunión é aplicar, se procede, a revisión do IPC e establece-lo incremento salarial para o ano 1998, de conformidade co establecido cos artigos 12º, 13º e demais concordantes do citado convenio e, ó respecto, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Coñecida a taxa anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 1997, que foi do 2%, e en virtude do estipulado no artigo 12º do referido convenio, non procede aplicar revisión salarial ningunha.

Segundo.-Coñecida a previsión de incremento do índice de prezos ó consumo (IPC) para o ano 1998, calculada polo goberno nun 2,1%, e en virtude do estipulado no artigo 13º do actual convenio, aplicarase

a revisión salarial para o período comprendido desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o día 31 de decembro do mesmo ano, do 3%.

Terceiro.-Establecer como anexos as táboas salariais referidas nos acordos 2º e 3º da presente acta.

Cuarto.-Facultar a Severino González Álvarez para presentar ante a autoridade laboral competente os acordos adoptados nesta reunión da comisión paritaria, para os efectos que establece o artigo 90 do Estatuto dos traballadores, así como para realizar todas aquelas xestións que procedan para tal fin.

E, en proba de conformidade con todo o seu contido, asinan a presente acta, no lugar e data do encabezamento.

Táboa salarial do convenio colectivo

da lousa para 1998

Grupo profesionalSal. B/DP. Ast. D/TSal./mesG.Cot.

Grupo 1º
Licenciados3.2421.951138.2311
Enx. superiores3.2421.951138.2311
Enx. técnicos3.2421.911137.1512
Graduados sociais3.2421.911137.1512
Topógrafo3.2421.911137.1512
Dtres. de áreas y servicios3.2211.848135.4383
Delineante3.2161.816134.6163
Práctico Topg.3.1771.628129.4984
Axdte. delineante3.1771.628129.4984

Grupo 2º
Tec. Admón.3.2161.816134.6165
Oficial Adtvo. 1ª3.2011.756132.9065
Oficial Adtvo. 2ª3.1771.628129.4985
Auxiliar Adtvo.3.1591.531126.9217

Grupo 3º
Encargados3.1771.628129.4983
Mecánicos3.1591.531126.9218
Electricistas3.1591.531126.9218
Soldadores3.1591.531126.9218
Fontaneiros3.1591.531126.9218
Albaneis3.1591.531126.9218
Aux. oficios3.0721.097115.19710

Grupo 4º
Encargados3.1771.628129.4983
Chofer3.1591.531126.9218
Palista3.1591.531126.9218
Barrenista e/ou artilleiro3.1381.430124.1708
Auxiliar oficios3.0721.097115.19710

Grupo 5º
Encargados3.1771.628129.4983
Operador de guindastre3.1381.430124.1708
Serrador3.1381.430124.1708
Labrador3.1381.430124.1708
Rachador3.0941.207118.1679
Cortador3.0941.207118.1679
Embalador3.0941.207118.1679
Desc. carros3.0941.207118.1679
Auxil. oficios3.0721.097115.19710

* Antigüidade:

Bienio = 2.585

Quinquenio = 3.929

Notas: os salarios establecidos no grupo 5º para rachador, cortador, embalador e descargador de carros aplicaránselles a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio; ata tal data, o seu salario será o establecido para auxiliar de oficios. Así mesmo, o salario establecido para o labrador aplicaráselles a aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desempeño do oficio,

xa que ata un ano o seu salario será o establecido para un cortador e dun a dous anos o seu salario será o seguinte: salario base, 3.115; plus de asistencia: 1.315 e salario mes: 121.065.

O establecido neste apartado sobre salarios leva consigo a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función deste.

Os traballadores menores de 17 anos e os de 17 anos terán respectivamente os seguientes salarios. Salario base, 2.095 e 2.931, plus de asistencia: 253 e 383, salario mes: 92.463 e 95.973.

1822