Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 18 de decembro do 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do artigo 131.10º do texto refundido do plan xeral de ordenación municipal, consistente en incrementa-la densidade residencial máxima de 30 VIV/HA a 35 VIV/HA e a distribución da superficie edificada en funicón do uso que pasará de uso residencil 2/3 e uso terciario 1/3 a:

Uso residencial en vivienda colectiva: 66,88%.

Uso residencial en vivienda unifamiliar: 10%.

Uso comercial en edificio exclusivo: 12%.

Uso residencial comunitario: 11%.

Uso complementario do viario: 0,12%.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 27 de febreiro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa presidenta

2381