Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do polígono UE-1, do plan parcial zona Z-10, sector Laracha 1, presentado por urbanización O Recreo, S.L., propietario único, redactado polo arquitecto superior, Luis M. Couto González.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia.

Exposición do expediente: 2ª planta casa do concello (oficina técnica).

Horario: das 9.30 ás 14.30 horas.

Laracha, 26 de febreiro de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

2380