Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998 pola que se convoca un curso sobre atestados por accidentes de tráfico.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre atestados por accidentes de tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo principal da-los coñecementos necesarios en materia de atestados en accidentes de tráfico para que os policías poidan desenvolve-lo seu labor, tal e como require a autoridade xudicial.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e, no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 6 de abril, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso e o incumprimento deste requisito suporá á exclusión do devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas: a) Competencias da policía local en materia de accidentes de tráfico. b) Concepto e clases de accidentes de tráfico. c) Investigación de accidentes de tráfico. d) Planificación da investigación. e) Bosquexos e informes técnicos. f) Resolución de diversos casos prácticos. g) Alcoholemia en relación cos accidentes de tráfico.

Datas.

O curso celebrarase do 20 ó 24 de abril de 1998.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 13 de abril, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (986) 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia

superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adapta-lo

ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

antiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

2255