Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector de maioristas de froitas, hortalizas e plátanos da provincia da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector de maioristas de froitas, hortalizas e plátanos da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-2-1998, subscrito en representación da parte

económica pola Asociación Provincial de Asentadores y Mayoristas de Frutas e da parte social por CC.OO. o día 19-1-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de febreiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria

do convenio colectivo provincial do sector de

maioristas de froitas varias, hortalizas e plátanos

Asistentes:

Pola parte empresarial: Víctor Dopico, Rafael Verdía.

Pola parte social: Olga Montes (CC.OO.), Juan Carlos Esparza (CC.OO.), José Ramón Grela (CC.OO. asesor).

Na Coruña o 19 de xaneiro de 1998, ás 19 horas, reúnense os integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de froitas varias, hortalizas e plátanos da provincia da Coruña, co obxecto de aplica-los incrementos económicos pactados para o ano 1998 no convenio colectivo vixente.

Para o efecto acordan:

1º Aprobar como táboas salariais para o ano 1998 as que figuran como anexo l desta desta acta, resultantes de aplica-los incrementos establecidos no artigo 22 do vixente convenio colectivo.

2º O plus de transporte para 1998 pasa a ser de 6.156 pesetas mensuais.

3º A contía das axudas de custo será para 1998 a seguinte: comida (1.026 pesetas), comida e cea (1.642 pesetas), comida, cea e noite (2.822 pesetas); en caso de superar estas condicións, presentaranse as facturas correspondentes.

4º En caso de que o IPC real do ano 1998 supere o 2,6%, producirase unha revisión polo dito exceso con efectos do 1-1-1998.

5º Autorizar a José Ramón Grela para que proceda a cumpri-los trámites precisos para proceder ó rexistro, depósito e publicación desta acta e das táboas salariais.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás 20 horas do día máis arriba indicado.

Convenio colectivo provincial do sector

de maioristas de froitas varias, hortalizas

e plátanos da Coruña

ANEXO I

Táboas salariais ano 1998

Categoría

Mensual

Antigüidade

Salario

anual

Director comercial96.6543.2761.449.810
Encargado xeral96.6543.2761.449.810
Oficial administrativo90.3463.2761.355.190
Administrativo87.5893.2761.313.835
Auxiliar administrativo86.4943.2761.297.410
Aux. Administ. menor 18 anos75.3983.2761.130.970
Dependente87.5893.2761.313.835
Axudante86.4943.2761.297.410
Chofer87.5893.2761.313.835
Chofer repartidor87.5893.2761.313.835
Mecánico87.5893.2761.313.835
Axudante mecánico85.2493.2761.278.735
Mozo especialista86.9543.2761.304.310
Mozos85.2493.2761.278.735
Axudante menor 18 anos75.3983.2761.130.970
Vixilante, sereno, ordenanza85.2493.2761.278.735
Persoal limpeza85.2493.2761.278.735

2179