Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 20 de marzo de 1998 Páx. 2.777

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, do tribunal V-1A, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 12 (peón, laborante, varredor/a, mozo/a servicios, mozo/a laboratorio, mozo/a pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno, peón agrario) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio das ditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 3 de marzo de 1998 polo tribunal V-1A, designado para xulga-las probas

selectivas para o acceso á categoría 12 (peón, laborante, varredor, etc...) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996 (DOG número 242, do 12 de decembro), acordouse:

1. Que o segundo exercicio para os aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o acceso á categoría 12 (peón, laborante varredor/a, mozo/a de servicios, mozo/a laboratorio, mozo/a pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno, peón agrario/a) do grupo V terá lugar o día 28 de marzo de 1998, ás 11 horas na aula Nova da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, sita no Campus Sur.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10 horas.

2. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3) e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

José Antonio Martínez Carro

Presidente do tribunal

2367