Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/411-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Oseiro enlace Vilarrodís.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,005 km con orixe na L.M.T. aérea en polígono

de Abón (liña 14) (expediente 27667) e final no C.T. Blasco y paso aéreo subterráneo a los CC.TT. Froxel (expediente 32335) e Vilarrodís (expediente 28871) en conductor LA 110/116,2 mm sobre apoios metálicos L.M.T.S. a 15/20 kV de 1.094 km con orixe na L.M.T. aérea en polígono de Sabón (liña 14) (expediente 27667) e final no CC.TT. Froxel e Vilarrodís C.T. de 400 kVA 15000/380-220 V en polígono de Sabón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 18 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

1779