Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/256-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.,C.T., R.B.T. de Telleira.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 0,02 km con orixe na L.M.T.A. o C.T. Monteagudo (expediente 33700) e final no C.T. proxectado no conductor LA-56/54,6 mm C.T. de 50 kVA 15000/380-220 voltios en Armentón R.B.T. aérea de 0,015 km con orixe no C.T. proxectado, en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 18 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

1775