Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/52-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Central Eléctrica e Industrial

Enderezo social: Entrepontes, 51 baixo-Portomouro, 15000 Val do Dubra.

Denominación: R.B.T. nos lugares de Cernadas, Belén e Gontar.

Situación: Val do Dubra.

Descricións técnicas: RR.BB.TT. a 380/220 voltios que parten dos CC.TT. de Cernadas, Santa Cristina de Fecha e Gontar, de 317 m, 445 m, y 684 m en conductor R.Z. Concellos de Santiago de Compostela e Val do Dubra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 18 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

1774