Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/143-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. a 20 kV na A Gorita-As Pardiñas.

-Situación: Ordes (A Coruña).

-Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.396 m de lonxitude en conductor de aluminio tipo LA-56 que parte da L.M.T. Augas-A Gorita e final na L.M.T. Senra-As Pardiñas, municipio de Ordes.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 20 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2406